Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Aldara : A lenda do cervo branco / Inés Vázquez

por Vázquez, Inés (1993- ) [autor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroEditor: A Coruña : Demo , 2021 Edición: 1ª ed.Descrición: 144 p. : principalmente il. cor ; 24 cm.ISBN: 9788412249170.Materia(s): Banda deseñada -- Século XXI -- Galicia | Lendas | Aventuras | Os AncaresRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Aldara é unha rapaza á que, ademais de pesárenlle todas as tarefas diarias que unha moza tiña que facer na casa e fóra dela naquela época, atormenta unha desgraza familiar acontecida no pasado recente. As cousas van cambiar algo cando outro mozo, perdido dende hai tempo polos montes que rodean a aldea na que vive Aldara, aparece en escena e vai quedar na súa casa ata atopar aos seus familiares. Tomando como inspiración unha lenda dos Ancares a autora, con máis dun xiro argumental, introduce elementos fantásticos facendo que a aventura cobre unha dimensión máis mística que os lectores amantes dos xéneros menos realistas aprezarán na súa xusta medida.
    valoración media: 0.0 (0 votos)

Este rexistro ten moitos ítems físicos (86). Faga clic aquí para velos todos.


Apoiada por unha técnica no debuxo e na cor á altura da mellor bd europea do momento Inés Vázquez constrúe unha historia orientada cara o público xuvenil –pero moi recomendable tamén para o adulto- na que mostra a vida e costumes dun grupo de rapaces do rural galego da primeira metade do século XX, cousas que ela, pola súa xuventude, coñeceu a través da súa nai e da súa avoa. É algo ben valioso porque todas as lectoras e lectores novos de agora descubrirán moitos detalles da vida de entón por medio desta lectura malia que, como podedes imaxinar polo título da obra, estamos a falar dunha aventura moito máis ambiciosa.

Aldara é unha rapaza á que, ademais de pesárenlle todas as tarefas diarias que unha moza tiña que facer na casa e fóra dela naquela época, atormenta unha desgraza familiar acontecida no pasado recente. As cousas van cambiar algo cando outro mozo, perdido dende hai tempo polos montes que rodean a aldea na que vive Aldara, aparece en escena e vai quedar na súa casa ata atopar aos seus familiares.

Tomando como inspiración unha lenda dos Ancares a autora, con máis dun xiro argumental, introduce elementos fantásticos facendo que a aventura cobre unha dimensión máis mística que os lectores amantes dos xéneros menos realistas aprezarán na súa xusta medida.

1º-2º ESO

Coa tecnoloxía Koha