O valo / Carlos Labraña
by Labraña, Carlos (1969-) [Author]; Díaz, Nuria (1982-) [Illustrator].
Type:This record has many physical items (74). Click here to view them all.
IX Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil.
As guerras obrigan a moitas persoas a abandonar a súa terra na procura de refuxio. Como Marwan, un meniño de apenas catro anos que coa súa familia cruzou o deserto fuxindo da contenda de Siria. El salvouse, pero outros nenos e nenas non tiveron tanta sorte. "O valo" foi escrito en homenaxe a todas elas, para que as súas historias non caian no esquecemento e constitúan o xerme da loita contra os valos, aramados, muros e fonteiras que dividen o mundo.
Peza dun único lance para dous personaxes coa guerra de Siria como pano de fondo, «O valo» propón unha emocionante reflexión sobre a igualdade e a paz entre todas as persoas e comunidades.
No medio do deserto, o Soldadiño de Chumbo, un neno soldado, chanta unha bandeira e coloca un valo de arame xusto onde o mapa marca a fronteira. Do outro lado do valo, Sahara, unha rapaza que foxe da guerra, trata de convencelo de que a deixe pasar, xa que está procurando un pozo onde saciar a súa sede.
5º-6º Primaria